Un curso exprés de 'influencer', os 25 anos de Amparito e unha potra salvaxe, protagonistas no programa de hoxe de 'Orgullo de familia' - CSAG
Un curso exprés de 'influencer', os 25 anos de Amparito e unha potra salvaxe, protagonistas no programa de hoxe de 'Orgullo de familia'
Os Jiménez Jiménez recibirán a visita de María Mera, que lle ensinará a Aitana algunhas claves para crear contidos e manexarse nas redes sociais

Santiago, 28.10.2026.- Sorpresas, celebracións e novas experiencias serán protagonistas na entrega deste mércores de ‘Orgullo de Familia’ (22:50 h), o programa da TVG que segue o día a día de tres familias xitanas galegas.
Nesta ocasión, os Jiménez Jiménez recibirán unha visita moi especial: María Mera chegará para impartirlle a Aitana un pequeno curso sobre como desenvolverse como influencer, en que aprenderá algunhas claves para crear contidos e manexarse nas redes sociais.
Pola súa parte, os Jiménez Hernández están de celebración: Amparito fai 25 anos e a familia organiza unha festa por todo o alto, cunha temática que mestura o estilo tropical co flamenco.
Os Ventos Romero tamén terán motivos para celebrar: é o aniversario de Aroa e Mikel sorpréndea cun agasallo moi especial: unha experiencia para montar a cabalo, en que ambos os dous terán que vencer os nervios e atreverse a vivir unha nova aventura.
