Televisión de Galicia retransmite, en directo, o desfile militar do Día da Festa Nacional de España - CSAG
Televisión de Galicia retransmite, en directo, o desfile militar do Día da Festa Nacional de España
Especial informativo conducido desde o estudio por María Cheda, desde as 10:45 horas

Santiago, 11.10.2026.- Televisión de Galicia ofrece este luns, 12 de outubro, unha cobertura especial con motivo da celebración da Festa Nacional de España. A partir das 10:45 horas, a TVG retransmitirá en directo desde Madrid os actos presididos polos reis de España, que inclúen a tradicional cerimonia de honras militares, a revista ás tropas e o desfile militar terrestre e aéreo polas rúas da capital.
O especial, cunha duración prevista ata as 12:30 horas, estará conducido desde o estudio por María Cheda, que contará coa colaboración de Rosana López Salgueiro, tenente de navío reservista voluntaria da Armada Española, e Alberto Vázquez, brigada da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Ao longo da retransmisión, a TVG ofrecerá tamén conexións en directo con Antía Araújo desde Madrid, que seguirá o desenvolvemento do desfile e achegará todos os detalles da celebración.