div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Televisión de Galicia renova por dous anos máis o acordo para a emisión do MXGP

A G2 e a plataforma dixital AGalega.gal emitirán ata 2026 o Mundial de Motocrós, en que compite o vigués Rubén Fernández

As emisións arrancan o 2 de marzo co Gran Premio da Arxentina

crtvg.gal 29/01/2025 10:45

Santiago, 29.01.2025.-     O Mundial de Motocrós volve en marzo á Televisión de Galicia. A canle galega e Infront Moto Racing renovaron esta semana o acordo para a emisión do campionato por dous anos máis. As emisións terán lugar pola TVG, a través da súa segunda canle, a G2, e pola plataforma dixital AGalega.gal xeolocalizado para España.

Deste xeito, os 20 grandes premios previstos entre marzo e setembro, entre eles o Gran Premio de España en Lugo, poderán seguirse nos medios públicos galegos.

A primeira emisión será a do Gran Premio da Arxentina, o domingo 2 de marzo, en que o público poderá seguir o único piloto galego na categoría raíña do motocrós, o vigués Rubén Fernández, quen renovou o seu contrato con Honda HRC a finais de 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade