div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Rematado o Nadal, continúan as estreas en AGalega.gal, a onde o vindeiro mércores chega o documental 'Morabeza'

Desde este sábado e durante a vindeira semana, a plataforma irá ampliando o seu catálogo de cinema con títulos como ‘Billy Elliot’, ‘Coda’, ‘Os impostores’, ‘O cliente’ e ‘Case imposible’

Ademais, desde o día 5 están dispoñibles curtametraxes de animación para toda a familia e o luns chegarán novas entregas do programa ‘Clac’

csag.gal 10/01/2026 16:30

Santiago, 09.01.2025.-    Unha vez rematado o Nadal e as principais estreas da grella, a plataforma AGalega.gal ten dispoñibles desde o pasado día 5 varias curtametraxes de animación para toda a familia, como ‘O abominable meniño das neves’ e os clásicos de ‘Wallace e Gromit’: ‘Un asunto de pan ou morte’, ‘Pelos pelos’, ‘Os pantalóns trabucados’ e ‘A aventura espacial’.

Nos vindeiros días, ademais de continuar ofrecendo todo o contido habitual da grella da TVG, AGalega.gal incorporará varias estreas, entre as que destaca, o mércores 14 de xaneiro, o documental galego ‘Morabeza’, unha reflexión sobre emigración e convivencia a partir do exemplo de Burela e da comunidade caboverdiana, un modelo singular de integración. Antes diso, o luns 12, poranse á disposición novas entregas do programa ‘Clac’, centrados en afondar nos filmes galegos xa dispoñibles na plataforma.

Ademais, o catálogo de cinema da plataforma ampliarase coa incorporación das películas ‘Billy Elliot. Quero bailar!’ (sábado 9 de xaneiro), ambientada na folga de mineiros de 1984 en Inglaterra, cando un neno descobre no ballet o seu verdadeiro camiño; ‘Coda’ (martes 13),  a historia dun pianista que regresa aos escenarios tras anos de silencio e inicia unha viaxe de transformación e superación persoal; ‘Os impostores’ (xoves 15), unha comedia protagonizada por Nicolas Cage e Sam Rockwell sobre dous estafadores de pouca monta e unha inesperada relación paterno-filial; o thrillerO cliente’ (venres 17), en que un neno se ve envolto nun perigoso segredo da mafia, e a comedia romántica ‘Case imposible’ (sábado 17), unha historia de amor improbable entre unha secretaria de Estado e un xornalista que non encaixa na elite política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade