div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os espectadores de 'Orgullo de familia' asistirán hoxe á gran voda de Aitana e verán como Loli lle perde medo á auga

Ademais, descubrirán como se desenvolven os Ventos Romero entre peites e tesoiras

csag.gal 14/10/2026 00:01

Santiago, 14.10.2026.-   Tres familias, tres momentos moi diferentes e unha nova entrega en que os grandes días, os retos persoais e as novas aprendizaxes se viven sempre mellor en familia. Estes son os ingredientes que se combinan esta noite no programa ‘Orgullo de Familia’ (22:45 h).

Nel os espectadores verán como os Jiménez Jiménez viven por fin un dos momentos máis agardados: a gran voda de Aitana. O espazo da TVG acompañará a familia durante a primeira parte deste día tan especial, desde os últimos preparativos e a elección dos vestidos ata a sesión de fotos e os primeiros momentos dunha celebración chea de emoción e tradición. 

Pola súa parte, os Jiménez Hernández cambiarán de escenario para afrontar un novo reto: Loli quere perder o medo á auga e, acompañada pola súa familia e coa axuda dun monitor, lánzase á piscina para aprender a nadar e gañar confianza. 

Finalmente, os Ventos Romero levarán a audiencia ao seu salón de peiteado, onde descubrirá como avanzan no curso de peiteados, todo o que están aprendendo e como se desenvolven entre peites, tesoiras e secadores. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade