Os espectadores de 'Cos Pés na Terra' descubrirán esta noite a artesanía natural da estampación botánica - CSAG
Os espectadores de 'Cos Pés na Terra' descubrirán esta noite a artesanía natural da estampación botánica
O programa (21:55 h) tamén estará con dous mozos que dividen as súas xornadas entre o coidado dos animais e os cultivos, algúns deles tan exóticos como uns cogomelos chegados de Oriente

Santiago, 05.04.2026.- Os espectadores do programa ‘Cos Pés na Terra’ coñecerán esta noite a técnica da estampación botánica da man de Isa, unha muller que, despois de traballar na industria téxtil convencional, decidiu dirixir os seus pasos cara a esta artesanía 100 % natural.
O programa da TVG tamén ten unha cita con Bea, unha rapaza que, tras vivir na cidade, quixo cambiar de aires para montar unha granxa en Lalín, en que non faltan animais nin produtos de horta.
Ademais, o equipo de ‘Cos Pés na Terra’ pasará unha xornada con Xesús, un rapaz que se divide entre o coidado das súas abellas e o cultivo duns cogomelos chegados de Oriente. Biólogo de formación, Xesús sabe que para ter éxito cómpre esforzarse moito.