div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os espectadores de 'Cos Pés na Terra' aprenderán hoxe a tornear e transformar as mazás en cousas sabedeiras

O programa tamén ten unha cita cunha rapaza nova que decidiu emprender coa súa gran paixón: os cabalos e a equitación

csag.gal 12/04/2026 02:00

Santiago, 12.04.2026.-    Os espectadores de ‘Cos Pés na Terra’ (22:00 h) aprenderán hoxe a tornear da man de Aitor, un artesán criado en Bilbao e asentado en Galicia capaz de plasmar a súa imaxinación en pezas ben orixinais.

Ademais, no programa de hoxe verán como se poden transformar as mazás en cousas ben sabedeiras. Quen o vai facer é María, unha rapaza que decidiu apostar pola terra e aproveitar este froito para convertelo en sidra e en moitos outros manxares.

Finalmente, o espazo da TVG terá este luns unha cita para montar a cabalo na contorna de Foz con Teresa, unha rapaza nova que decidiu emprender coa súa gran paixón xa desde nena: os cabalos e a equitación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade