div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os aspirantes de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' interpretan esta noite temas de Sés, Rocío Dúrcal e Melendi, entre outros

Diego Moreira collerá a remuda de Lito á fronte da escudería da Panorama e unirase ao resto dos padriños para converter o escenario nunha auténtica explosión de música e diversión

csag.gal 28/11/2026 02:00

Santiago, 28.11.2026.-    Laura Añón e James Llon daranlle a benvida ao novo programa de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ (21:55 h) que a TVG ofrece esta noite, cantando o tema ‘Galicia en festa’, co que encherán de ritmo o estudio e porán a bailar a todo o mundo. 

A noite contará cun convidado moi especial entre os padriños. Diego Moreira collerá a remuda de Lito á fronte da escudería da Panorama e únese ao resto dos padriños, a Laura e a César Romero para converter o escenario nunha auténtica explosión de música e diversión con ‘La hora loca’, da Panorama. 

En canto ás actuacións dos concursantes, esta noite romperá o xeo Fani, co tema ‘La tormenta’, co que os nervios lle xogarán unha mala pasada. Jose e Ainara cantarán a dúo ‘Perdidos’, de Monchy e Alexandra.

Na súa quenda, Yunier interpretará o tema ‘El Jardín’ para as delicias do xurado. Pola súa parte, Kiowa retomará o concurso coa canción de Sés ‘Tempestades de sal’, mentres que Clara volverá abraiar a todos coa súa interpretación de ‘Me gustas mucho’, de Rocío Dúrcal, algo totalmente fóra da súa zona de comfort.

Ademais, Kevin cantará ‘Merengue Forlive’, un tema propio que lle dedicará a Barbazán, e, por último, a Avi tocaralle defender ‘Caminando por la vida’, de Melendi, un tema co que non acabará de destacar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade