div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O Xabarín da TVG, na "Carreira máis curta do Mundo" ante "Chicha" e Pedro Nimo

A mascota do Club da Galega rivalizou coa súa compañeira do Obradoiro e co campión de España de maratón
Esta acción do Estadio de San Lázaro promociona a carreira “Sant Ya Go!”, que se disputará o 30 de maio en Santiago

csag.gal 22/04/2026 13:06

Santiago, 22.04.2026.-  O Xabarín da Televisión de Galicia saltou á pista de atletismo do Estadio Vero Boquete de San Lázaro decidido a subir ao máis alto do podio na “Carreira máis curta do Mundo”. Este eventou promociona a proba nocturna “Sant Ya Go! 10K 2026”, unha carreira popular nocturna que percorrerá as rúas da zona vella de Santiago de Compostela o vindeiro sábado 30 de maio.

Animados pola rapazada das categorías inferiores do Club Atletismo Fontes do Sar, o protagonista de Xabarín.gal disputou dous curiosos ‘sprints’ ante os seus rivais: “Chicha”, a mascota do club de baloncesto Obradoiro, e o atleta santiagués Pedro Nimo, campión de España de maratón en 2014. Tivéronse que disputar dúas carreiras logo de que os xuíces decretaran nula a primeira debido a que o Xabarín quedou enredando coa cativada. Sen embargo, a segunda carreira foi a boa e velaí a mascota do Clube da Galega conseguíu unha disputada medalla de prata, subindo “Chicha” ao máis alto do podio.

Con este evento de San Lázaro arrancaron os actos promocionais da carreira “Sant Ya Go! 10K 2026”, proba nocturna homologada que xa vai pola súa décima edición. Este consolidado proxecto do Club Atletismo Fontes do Sar e do Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel xa abríu o prazo de inscrición, que se pode realizar  en https://www.santyago10k.run/es/  Velaí estará sen falta o protagonista da plataforma dixital Xabarín.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade