div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O universo Xabarín da TVG, esta fin de semana no Culturgal de Pontevedra

A plataforma dixital Xabarin.gal será a estrela do stand da Corporación 

Televisión de Galicia presenta na feira tamén dúas producións, a serie de ficción ‘Clínica Miranda’, ambientada na capital pontevedresa, e o documental ‘Kiro’

csag.gal 26/11/2026 11:42

Santiago, 26.11.2026.-    ‘Patrulla Canina’, ‘Os Bolechas’, ‘Shin Chan’, ‘Doraemon’, ‘Bibopalula’ ou ‘Sonic Boom’ son algúns dos contidos da plataforma dixital Xabarin.gal, o maior contedor audiovisual en lingua galega para o público infantil e xuvenil, que se poderá coñecer no Culturgal. Televisión de Galicia volve ter presenza destacada na Feira das Culturas Galegas, do venres 27 ao domingo 29 no Pazo da Cultura de Pontevedra. O stand da canle convidará a descubrir o universo Xabarín.gal, con preto de 4.000 contidos, e dispoñible para descargar en iOs e Android. 

TVG tamén presentará (venres, 19:45 h) en Culturgal a produción ‘Clínica Miranda’, coa presenza do equipo técnico e artístico. A ficción, dirixida por Simón Casal e protagonizada por Lucía Regueiro, Adrián Castiñeiras e Luís Iglesia, entre outros, está ambientada na Pontevedra dos anos 60, nun centro sanitario de prestixio que vive unha profunda transformación coa chegada dun cirurxián formado en Nova York. A acción desenvólvese entre quirófanos, convencións sociais, conflitos de poder e a relación prohibida entre un cirurxián e unha enfermeira de orixe humilde e extraordinario talento. Está producida para TVG por Outro SL coa participación de Crea SGR, e chegará proximamente á pantalla da Galega.
    
Ademais, o sábado (17:00 h) presentarase o documental ‘Kiro’, dedicado á figura da cantante galega Ana Kiro, dirixido por María Yáñez e producido por Miramemira, Zuzú Cinema e Amorambre. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade