div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O thriller da TVG 'Punto Nemo' gaña o premio á Mellor Serie nos Galardóns La Alcazaba de Ávila

Os produtores Mamen Quintas e Julio Casal recolleron este luns o recoñecemento á produción, que terá continuidade na canle galega cunha segunda tempada

A serie é unha coprodución de Ficción Producciones e Ukbar Filmes, coa colaboración da Xunta de Galicia, a RTP, a Deputación de Pontevedra e a Galega
 

Mamen Quintas e Julio Casal, produtores executivos de Ficción Producciones, recolleron onte o premio en Ávila. Mamen Quintas e Julio Casal, produtores executivos de Ficción Producciones, recolleron onte o premio en Ávila.
csag.gal 30/06/2026 12:55

Santiago, 30.6.2026.-   A serie de suspense e ciencia ficción ‘Punto Nemo’, que conta co apoio da Televisión de Galicia, recibiu este luns o premio á Mellor Serie/Thriller nos XXI Galardóns La Alcazaba, en Ávila, que recoñecen cada ano o talento e a excelencia no ámbito da cultura, o audiovisual e o entretemento. O galardón foi recollido por Mamen Quintas e Julio Casal, produtores executivos de Ficción Producciones.

‘Punto Nemo’ é unha coprodución de Ficción Producciones e Ukbar Filmes, realizada coa colaboración da Xunta de Galicia, a Radiotelevisão Portuguesa (RTP), a Deputación de Pontevedra e a Televisión de Galicia. A súa primeira tempada foi emitida na TVG, e a segunda xa foi rodada e chegará proximamente á canle galega.

Dirixida por Denis Rovira, ‘Punto Nemo’ é un thriller de ciencia ficción que segue unha expedición oceanográfica no Pacífico para concienciar sobre a contaminación mariña causada pola acumulación de plásticos. A serie converteuse nunha das producións máis destacadas da ficción televisiva recente e está protagonizada por Óscar Jaenada, Alba Flores e Maxi Iglesias.

Os novos capítulos, rodados entre Galicia, Portugal e as illas Canarias e dirixidos por Álex Rodrigo, retomarán a historia tras a explosión do laboratorio ruso, cun grupo de superviventes que deberá facer fronte a unha illa cada vez máis hostil, marcada pola escaseza de recursos, os experimentos soviéticos, criaturas híbridas e unha ameaza biolóxica con potencial alcance global. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade