div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O pasado máis escuro de Guille sae á luz, mentres Rebeca se enfronta aos seus medos, esta noite en 'O home perfecto'

A dobre entrega da serie (21:45 h) desvela o perigoso xogo de manipulación de Guille, o home que vive de enganar mulleres

csag.gal 28/10/2025 00:01

Santiago, 28.10.2025.-  A TVG ofrece este martes unha dobre entrega de ‘O home perfecto’, a serie inspirada en casos reais de ‘estafadores do amor’. A ficción, con Alba Loureiro e Elena Seijo como protagonistas femininas, amosa como dúas mulleres de xeracións diferentes acaban atrapadas na rede dun mesmo home, papel interpretado por Adrián Castiñeiras, que se presenta cun rostro encantador e unha historia inventada para cada unha delas.

No capítulo ‘O xogo’, Toño esperta atado nun soto fronte a Guille, tranquilo e seguro de si mesmo, disposto a confesar como escolle as súas vítimas e como as destrúe sen necesidade de forza. Mentres tanto, Rebeca sospeita que unha das alumnas do seu curso de defensa persoal, Marisol, está a piques de caer no mesmo tipo de relación da que ela conseguiu saír, e decide actuar, aínda que iso implique volver cruzarse co seu pasado. Pola súa parte, Luísa achégase cada vez máis a Leo, sen sospeitar que é o mesmo home que esnaquizou outras vidas. Cada paso que dá o ‘estafador do amor’ está medido e cada relación é un xogo, en que o obxectivo é gañar.

A continuación, no episodio ‘O pasado dun home’, Rebeca decide dar un paso adiante e comezar de cero con Gus, decidida a deixar atrás o sufrimento. El intégrase con naturalidade na panadería de Xabi e gaña a confianza da súa contorna. Pero a aparición de Miguel, un vello coñecido de Guille, fai tremer o seu mundo de mentiras e destapa unha estafa e unha historia de traizón e vinganza. Mentres o estafador segue avanzando sen levantar sospeitas, Neves e Serena comezan a intuír que algo non encaixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade