div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O equipo de 'Galicia Bonita' afronta esta semana un desafío maiúsculo co recebo dunha vivenda en Allariz

Para isto, a arquitecta Rosa Facal confía na cuadrilla dos propietarios, tres irmáns aparentemente implicados na causa, pero desaparecidos no combate, o que fará que xurdan conflitos sobre o ritmo e o xeito de traballar

csag.gal 15/09/2026 00:01

Santiago, 15.9.2026.-   A arquitecta Rosa Facal, especializada en recuperación de espazos no medio rural, continúa este martes a súa viaxe, acompañada dos seus pintorescos axudantes, na procura de vivendas sen rematar. Nesta ocasión, o equipo de ‘Galicia Bonita’ (22:50 h) ten como destino Allariz, unha das vilas máis fermosas do país.

 Ao carón do cemiterio da igrexa parroquial de San Miguel, na freguesía de Torneiros, atópase a vivenda de Alberto e os seus irmáns, unha casa cun magnífico baixo en pedra, aínda que todas as modificacións e ampliacións realizadas esnaquizaron o traballo con criterio dos seus devanceiros.

O equipo de reformas deberá afrontar un desafío maiúsculo na albanelaría, como é o recebo da totalidade dunha vivenda e unha corte. Para iso, Rosa confía na cuadrilla de tres irmáns aparentemente implicados na causa, pero desaparecidos no combate, o que fará que xurdan conflitos coa familia sobre o ritmo e o xeito de traballar, ademais da necesidade de contar con máis axuda debido a unha carga de traballo especialmente esixente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade