div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O documental 'Brais Méndez. Adentro', un retrato íntimo do futbolista de Mos, chega a AGalega.gal

En catro capítulos, esta serie documental percorre a traxectoria profesional e persoal do ex-xogador do Celta de Vigo

Gravada en San Sebastián, inclúe testemuños de adestradores, familiares e compañeiros do deportista
 

csag.gal 13/08/2025 10:20

Santiago, 13.8.2025.- A plataforma AGalega.gal estrea este mércores Brais Méndez. Adentro, unha serie documental de catro capítulos dedicada ao futbolista de Mos, actualmente na Real Sociedade e ex-xogador do R. C. Celta de Vigo.

Un equipo da Televisión de Galicia acompañou a Brais en San Sebastián para amosar a súa faceta máis persoal e profesional, incluíndo a súa etapa como internacional baixo as ordes de Luis Enrique na selección española. Dirixida polo xornalista Manuel Anxo Rodríguez, e realizada polo equipo de Deportes da Corporación, a serie comeza coa entrega ‘A morriña pode’, onde se repasan os inicios de Brais no Santa Mariña de Vigo e inclúe testemuños do seu primeiro adestrador, do presidente do club, dos seus pais e do olleador galego do Villarreal que o fichou.

O segundo episodio, ‘Máis Celta, por favor’, narra a súa adaptación ao club vigués, onde foi clave o apoio do adestrador Juan Carlos Unzué, ata converterse en titular indiscutible e debutar coa selección. En ‘Balaídos pítalle’, abórdase a etapa máis dura da súa carreira: a presión tras a lesión de Iago Aspas, a caída de rendemento e os apupos da bancada, que o levaron a buscar apoio psicolóxico. A chegada de Chacho Coudet supuxo a súa recuperación. A produción remata co cuarto capítulo, ‘Son Txuri-urdín’ e recolle a súa fichaxe pola Real Sociedade, unha aposta persoal de Imanol Idiakez, e a súa rápida integración no equipo.

A serie estará dispoñible integramente en AGalega.gal desde este mércores e proximamente poderase ver na Televisión de Galicia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade