div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O crime de Aranga, de dous mozos que apareceron despezados nunha fosa séptica, protagonista esta noite en 'Expediente Oculto'

O programa (22:40 h) tamén se achegará á lenda da avoa da curva de Ponte Caldelas e porá o foco nas casas malditas, cun valor de mercado condicionado polos sinistros feitos que tiveron lugar nelas

csag.gal 09/03/2026 02:00

Santiago, 09.03.2026.-    Na entrega desta semana de ‘Expediente Oculto’, analizarase o crime de Aranga. En novembro de 2008, dous mozos de Muros viaxan para cobrar unha débeda e desaparecen sen deixar rastro. Tras meses sen avances, a investigación descobre os seus corpos despezados nunha fosa séptica. Un fontaneiro da Coruña asasinounos e despezounos despois dunha discusión por temas de drogas, para despois tirar os seus cadáveres a un pozo de Fonteculler.

Por outro lado, o programa presentado por Patricia Abet achegarase tamén á lenda da avoa da curva: a misteriosa anciá vestida de negro que, segundo contan varios condutores, aparece de súpeto á beira da estrada entre Ponte Caldelas e Soutomaior, camiñando moi lentamente pola beiravía, e esváese sen deixar rastro. 

No tempo dedicado á actualidade, ‘Expediente Oculto’ porá o foco nas casas malditas: vivendas marcadas por crimes e cun valor de mercado condicionado para sempre. Segundo un coñecido portal inmobiliario, as vivendas onde se cometeron asasinatos perden entre un 20 e un 50 % do seu valor. 

Estes casos serán analizados no espazo da TVG coa axuda dos colaboradores Gabriel Meléndez, Berta Rodriguez, Jorge Melchor, Carlos Tresandí, Juan Pablo Sangiao e José Antonio Vázquez Taín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade