div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O asasinato de Cristina Núñez na súa casa de Oza Cesuras, un crime con moitas arestas, protagonista esta semana en 'Expediente oculto'

O programa presentado por Patricia Abet (22:50 h) abordará tamén o drama dos bebés roubados

csag.gal 23/11/2026 00:01

Santiago, 23.11.2026.-   Cun asasino infartado na escena do crime e unha muller morta a poucos metros del. Así arranca a investigación do crime que hoxe ocupará o tempo de ‘Expediente Oculto’. Unha frenética persecución polo interior dunha vivenda de Oza Cesuras, que rematou cunha moza de 33 anos tendida no chan, cun tiro na cabeza.

Cristina Núñez foi a vítima inocente dunha historia de violencia e celos, con moitas arestas, que esta noite analizará o programa da TVG presentado por Patricia Abet, coa reconstrución do crime e da investigación que permitiu descubrir o plan do asasino. A relación persoal entre a muller do acusado e o marido da vítima foi o xerme dun crime motivado por un forte ánimo de vinganza.

Por outro lado, o programa abordará o drama dos bebés roubados, cuxas vítimas tiñan un perfil claro: nais sen recursos, vulnerables, de familia moi pobre, ás que lles dicían que os seus fillos morrerán ou as que lles insistían para que os entregaran contra a súa vontade. Ata os anos 80, o contexto destas subtraccións eran médicos confabulados, algúns dos cales chegaron a ser levados ante os tribunais pola Asociación Nacional de Afectados por Adopcións Irregulares.

‘Expediente Oculto’ abordará estas situacións non só desde o punto de vista das persoas que buscan o bebé que lles roubaron, senón tamén das que, en sentido inverso, buscan os seus pais biolóxicos. Así, os espectadores coñecerán unha muller de Laxe que quere atopar a súa verdadeira familia. 

Os colaboradores que este luns sentarán na mesa do programa para abordar estes temas son Xosé Antonio Vázquez Taín, Elena Villanueva, Berta Rodríguez, Antón López e Begoña Rodríguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade