div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Dobre entrega do universo 'Land Rober + Show', esta noite na TVG

A oferta comeza co mellor humor dos colaboradores en ‘Por Rober abandónasme’ e continua cunha nova proposta do programa chea de sabor, fogóns e moita comedia

csag.gal 03/03/2026 00:01

Santiago, 3.3.2026.-   A TVG propón este martes unha noite moi especial co humor como gran protagonista grazas a unha programación dobre do ‘Land Rober + Show’. O espazo presentado por Roberto Vilar ofrecerá dúas entregas consecutivas para que a audiencia poida gozar dun completo menú de comedia e personaxes xa míticos do programa.

Na primeira emisión da noite, que leva por título ‘Por Rober abandónasme’ (21:40 h), o formato recuperará unha escolma de momentos cheos do humor máis característico do Land Rober. A audiencia escachará coa risa coas solucións que lles buscan á actualidade personaxes interpretadas, entre outras persoas colaboradoras do programa, por Eva Iglesias, Juanra ou Roi Méndez, ata polo propio Roberto Vilar. A panadeira retranqueira, a veciña nada riquiña, a rondalla que máis argalla, veciños galegos en Hollywood emigrados, e outros obsesionados polo tempo... Ata peculiares astronautas que non se andan con gaitas...

Deseguido, a cociña de autor será a temática central da segunda entrega de hoxe. O ‘Land Rober + Show’ (22:45 h) recibirá dous convidados especialistas nos fogóns. E con eles estará o colaborador do programa Xurxo Carreño, que virá cun produto culinario considerado toda unha ‘delicatessen’.

Na ficción, Roberto Vilar e Eva Iglesias interpretarán un sketch acerca dunha nova aventura de Nieves, a panadeira do programa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade