div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Desde este domingo o histórico 'En Xogo' dá o salto á primeira canle da Televisión de Galicia

O espazo deportivo comeza ás 22:45 horas e estrea imaxe e novos contidos 

Sevi Martínez, ponse á fronte do programa que conta coas incorporacións de Carla Gabián, Lucía Dávila, e Javier Guillén

csag.gal 11/09/2025 14:59

Santiago, 11.9.2025.- O histórico espazo deportivo da Televisión de Galicia, ‘En Xogo’, dá un paso adiante e pasa a emitirse na canle principal da Galega. Desde este domingo, ás 22:45 h, o programa ofrecerá unha nova tempada na TVG cunha imaxe renovada, novas seccións e algunhas sorpresas, situando o fútbol galego no centro da noite dos domingos.

Nesta nova etapa, Sevi Martínez estréase como presentador de ‘En Xogo’, tomando a testemuña de históricos nomes que estiveron á fronte do espazo ao longo de 40 anos. Estará acompañado polo equipo clásico de enxogueiros e por un panel de colaboradores formado por Roberto Lago, exxogador do Celta de Vigo; Dani Mallo, exxogador do Deportivo da Coruña; o xornalista da TVG Gustavo Varela; Xabier Rodríguez Campos, Arbiquepitas, árbitro de fútbol; o doutor Alejandro Reza, as ‘influencers’ Carla Gabián e Lucía Dávila, e o xornalista Javier Guillén.

‘En Xogo’ achegará cada domingo un resumo completo da xornada, con ampla información dedicada aos equipos galegos, con todos os goles, as mellores xogadas da xornada e unha análise en profundidade das revisións da VAR (vídeo arbitraxe). Haberá tamén espazo para a opinión dos especialistas dos dous equipos destacados de Galicia, conexións coas afeccións desde os estadios e cobertura da Primeira, Segunda e Terceira RFEF, nunha tempada con seis equipos galegos no Grupo 1 da Primeira RFEF (Rácing de Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense C. F., Celta Fortuna e Arenteiro). 

    
Forte aposta polo fútbol galego

A temporada complétase coa ampla oferta que a TVG ofrecerá do deporte galego: 15 partidos de Liga do R. C. Deportivo na Segunda División do fútbol profesional, cinco encontros do feminino Dépor Abanca, e 40 partidos da Primeira RFEF, en aberto, na segunda canle.

Esta aposta polo deporte vai parella á renovación dos rostros que cada día achegan a información deportiva na Galega. Terio Carrera presenta o espazo de deportes no ‘Bos días’ (08:00 h), Sevi Martínez tamén está á fronte do ‘Deportes mediodía’ (15:15 h), Lorena Pose ofrece a actualidade deportiva á noite (21:25 h) e Irene Lourido encárgase da fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade