div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Blas Cantó, Luar na Lubre e Daniela Blasco, estrelas dun 'Luar' que decide o segundo finalista de 'Recantos'

O programa contará cunha foliada coas parellas de 'Vai de baile', amais das actuacións de Antaruxas e Sorteiros, a Orquestra Compostela e as Cantareiras de Ardebullo

crtvg.gal 11/07/2025 00:01

Santiago, 11.7.2025.-   O ‘Luar’ (21:50 h) deste venres chega cun cartel musical de luxo e moita emoción nas súas seccións. Blas Cantó, exvocalista do grupo Auryn, presentará o seu tema ‘No me conoces’, sumándose á súa consolidada carreira, que inclúe a participación en Eurovisión 2021 e varios éxitos multiplatino.

A prometedora Daniela Blasco, artista en alza, interpretará as súas pegadas persoais ‘Sin mí’ e ‘Uh na na’, e coa emblemática banda galega Luar na Lubre,  inmersa nunha xira e coa vista posta na conmemoración do seu 40 aniversario en 2026, soará ‘Ao pasear pola Coruña’.

A competición estará moi viva coa segunda semifinal de ‘Recantos’, en que Úrsula Pérez (Terras de Pontevedra) e José Carballido (Noia‑O Barbanza) disputarán o pase á final xunto a Natalia Rivera, que se disputará o 18 de xullo.

Tras celebrar a final de ‘Vai de baile’ o venres pasado, o estudio converterase nunha gran foliada en directo, coa presenza do xurado —Mondra, Montse Rivera e Xurxo Fernandes—, dunha charanga e as sete parellas participantes, que regresan para compartir unha noite de música e baile tradicional.

Completa o cartel o grupo Antaruxas e Sorteiros, a Orquestra Compostela, o proxecto Escolas Abertas, e o humor das aplaudidas e queridas Cantareiras de Ardebullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade