div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Bertín Osborne e Ortiga actúan esta noite nun 'Luar' que despedirá dous concursantes de 'Recantos'

Tamén pasarán polo escenario a orquestra Cinema e as agrupacións tradicionais Azaloira de Calo e Os Viqueiras de Ordes

csag.gal 29/05/2026 02:00

Santiago, 29.05.2026.-    O programa ‘Luar’ (21:40 h) contará este venres cunha veterana voz do panorama musical español: a de Bertín Osborne. O polifacético artista, coñecido polas súas facetas de cantante e presentador de televisión, deleitará a audiencia con temas do seu último disco.

O espazo da TVG tamén recibirá a visita de Ortiga, todo un referente da música galega máis actual, que se nutriu do espírito da verbena e que se move entre o pop, a electrónica e a música urbana. A súa ensalada ‘electrotropical’ sen complexos, aliñada tras milleiros de horas de festa, orquestras e merengue, causa furor alá por onde pisa.

Ademais, pasarán polo escenario de ‘Luar’ a orquestra Cinema e as agrupacións tradicionais Azaloira de Calo e Os Viqueiras de Ordes. O humor virá da man de María Foscaldo e o seu personaxe de Sabela Grilo e de Carla e Marcos, de Todo Mal.

No concurso ‘Recantos’ será unha noite especial, xa que hoxe remata a quinta fase. Cantarán catro concursantes, dos cales só dous poderán continuar no concurso. Estes son: Fran Vázquez (Bergantiños-Costa da Morte), Rocío Souto (Lugo Centro), Lu Pérez (Arousa) e Montse (Xallas-A Barcala). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade