div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Amplo dispositivo informativo dos medios públicos galegos con motivo do Foro La Toja-Vínculo Atlántico 2026

Este xoves, TVG e g24.gal retransmiten a inauguración que preside o rei Felipe VI

A G2 e AGalega.gal ofrecerán integramente os tres días de intervencións e debates

A canle pública traslada os seus telexornais á illa da Toxa para contar en directo toda a actualidade destas xornadas de análise política e económica

csag.gal 30/09/2026 15:37

Santiago, 30.09.2026.-    Televisión de Galicia desprega esta semana un amplo dispositivo informativo na illa da Toxa, onde se celebra ata o sábado 3 de outubro o Foro La Toja-Vínculo Atlántico 2026, coa participación de destacados representantes dos ámbitos político, económico e institucional.

A inauguración poderá seguirse este xoves en directo na TVG e g24.gal, mentres que a G2 e AGalega.gal ofrecerán todos os debates, intervencións e mesas de análise do foro, centrado este ano nas relacións atlánticas, a intelixencia artificial, a economía española, a cohesión territorial, a seguridade, o espazo iberoamericano e as relacións internacionais.

A TVG trasladará á Toxa os seus principais telexornais: o  xoves, Pablo Muñoz presentará desde a illa o ‘Telexornal’ das 21:00 h. O venres 2 de outubro, a cobertura reforzarase con dous telexornais realizados integramente desde a Toxa: Marta Darriba presentará o ‘Telexornal’ das 14:25 h e Pablo Muñoz, o das 21:00 h. Tamén a Radio Galega traslada estes días o seu foco informativo ao Foro, cun seguimento especial da súa actualidade e dos principais protagonistas. 

A edición deste ano contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; do presidente do Goberno, Pedro Sánchez; do rei Filipe VI; do presidente da República Portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, e do presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, entre outros. Tamén participarán responsables institucionais e destacados representantes dos ámbitos económico, empresarial e internacional nacionais e internacionais.

Con esta cobertura especial, a Galega reforza a súa aposta por estar no lugar onde se produce a información e achegarlle en directo á audiencia galega os grandes asuntos e protagonistas da actualidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade