div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

AGalega.gal recupera a comedia '4º sen ascensor' e incorpora novas estreas

A sitcom galega regresa vinte anos despois para conquistar novas xeracións

Novos episodios, cine e contidos exclusivos destacan esta semana en AGalega.gal

csag.gal 15/09/2025 13:51

Santiago, 15.9.2025.-  Este martes 16 será un día especial para os usuarios de AGalega.gal, xa que vinte anos despois da súa estrea, volve ‘4º sen ascensor’, a sitcom galega que marcou unha xeración. Con humor e frescura, a serie retrata a convivencia entre estudantes e veciños nun piso compartido, cun elenco de luxo que incluía a Cristina Castaño, Xúlio Abonjo, Xosé Barato, Mónica Camaño, Xoán Carlos Mejuto, César Goldi, Laura Ponte e Pepe Soto. Unha ficción que forma parte da memoria colectiva e que agora regresa para emocionar de novo os seus seguidores e conquistar as novas audiencias.

Ademais do regreso desta comedia, AGalega.gal continúa consolidando a súa aposta polo reforzo da grella da Televisión de Galicia. Desde a vindeira semana, a plataforma permitirá acceder aos momentos destacados de todos os programas de prime time, ofrecendo máis posibilidades de seguimento dos espazos máis vistos da canle pública.

O luns 15 chega, amais, un novo episodio de ‘Estudante 360’, que mergullará os espectadores no día a día de Pablo, un estudante que combina clases, amizades e tempo de lecer, nun retrato realista da vida universitaria en Santiago. O xoves 18, ás 16:00 h, a influencer cubana Anita Mateu regresa con nova entrega de #Bótalleazucre, a súa divertida aventura para conseguir un título oficial de galego.

A oferta cinematográfica da semana chegará o venres 20 con ‘Perdida’, dispoñible durante 7 días, un thriller cheo de xiros arredor do xornalista Nick Dunne e da desaparición da súa muller Amy na súa quinta voda. E o sábado 21 poderase ver ‘Rams’, dispoñible durante 30 días, un filme ambientado na Australia occidental en que dous irmáns agricultores enfrontados deben colaborar para salvar os seus rabaños e a comunidade.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade