div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

AGalega.gal achega, en directo esta fin de semana, catro concertos destacados do Río Verbena de Pontevedra

A plataforma dixital da Corporación retransmitirá de balde, entre o venres e o sábado, os recitais de Coque Malla,  Xoel López, Nil Moliner e Carla Lourdes 

csag.gal 21/08/2025 13:00

Santiago, 21.8.2025.-   A plataforma pública AGalega.gal ofrecerá en directo, a través do seu servizo de streaming, unha selección das actuacións máis destacadas do Festival Río Verbena, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra.

O venres 22 de agosto, os usuarios poderán gozar da forza e carisma de Coque Malla (20:30–21:45 h), exlíder de Los Ronaldos e responsable de clásicos do pop-rock español como ‘No puedo vivir sin ti’ e ‘Me dejó marchar’. Cunha carreira en solitario chea de recoñecementos, é unha das voces máis emblemáticas e influentes do panorama musical estatal.

Xa de madrugada, chegará a quenda de Xoel López (01:30–02:40 h), figura esencial da escena indie-pop, coñecido por proxectos como Deluxe e por álbums que marcaron época como ‘Atlántico’. O artista coruñés combina tradición e modernidade con sensibilidade e cunha personalidade única sobre o escenario.

O sábado 23 de agosto, a programación continuará coa frescura e autenticidade de Carla Lourdes (18:45–19:30h). Natural do Bierzo e residente en Vigo, esta nova voz chama a atención por un estilo íntimo e vibrante, no que combina raíces locais cunha mirada universal.

O peche desta retransmisión especial porao o catalán Nil Moliner (20:15–21:15 h), un dos cantautores máis populares do momento, grazas a temas como ‘Soldadito de hierro’ ou ‘Libertad’. O seu pop luminoso e optimista, con mensaxes vitais e pegadizos, converteuno nun referente para o público máis novo.

Con esta cobertura, AGalega.gal reforza o seu compromiso coa difusión da cultura e da música en directo, ofrecendo ao público a posibilidade de seguir de balde e desde calquera dispositivo unha parte dos grandes eventos musicais que se celebran en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade