div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG ofrece este domingo, en directo desde Vigo, a multitudinaria procesión do Cristo da Vitoria

Os espectadores verán como os vigueses acompañan o seu Cristo máis venerado, nunha xornada que une a veciñanza e os fieis arredor dunha das celebracións relixiosas con máis arraigo na cidade

csag.gal 30/07/2026 12:33

Santiago, 30.07.2026.-    A Televisión de Galicia ofrecerá este domingo, a partir das 19:30 horas, un programa especial en directo dedicado á tradicional e multitudinaria procesión do Cristo da Vitoria, unha cita ineludible do verán vigués. 

Lucía Rodríguez será a encargada de conducir esta retransmisión especial, que permitirá seguir todos os detalles dunha xornada marcada pola devoción. Ao seu carón estarán o sacerdote Alberto Montes, así como dous historiadores, María del Camino e Santiago Ogando, que achegarán as claves para comprender a orixe, a evolución e, sobre todo, o significado dunha celebración que cada ano reúne milleiros de persoas nas rúas da Cidade Olívica. 

O programa tamén contará coa reporteira Adela Bértolo, que acompañará no percorrido, con comezo e final na Concatedral de Santa María de Vigo, aos fieis que un ano máis acoden a renovar a súa devoción. 

Con esta retransmisión, a TVG pretende achegar aos fogares galegos unha celebración que vai máis alá do seu carácter relixioso para converterse nun verdadeiro acontecemento social e patrimonial, do que xa é todo un símbolo da identidade viguesa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade