div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A serie 'No seu lugar, outro', estrea esta semana en AGalega.gal

A oferta da plataforma medra tamén con novos títulos, como o filme ‘Especiais’ e a miniserie ‘The Cry’ 

Imaxe de 'No seu lugar, outro'. Imaxe de 'No seu lugar, outro'.
csag.gal 01/12/2025 14:50

Santiago, 1.12.2025.-  A plataforma dixital AGalega.gal continúa ampliando a súa oferta e incorporando novos títulos culturais, divulgativos e de ficción esta semana, sempre en sintonía coa programación da CSAG. A principal novidade chega o mércores 2 coa estrea de ‘No seu lugar, outro’, unha serie dixital que reúne escritores e cineastas para reflexionar, mediante pezas audiovisuais de creación, sobre o concepto de lugar e a relación co espazo que habitamos, abordado desde distintas miradas. As tres obras que conforman a colección están realizadas polas parellas creativas Lucía Aldao e Coral Piñeiro, Fran Rodríguez e Keith Payne, e Álvaro Gago e Berta Dávila.

As estreas semanais comezan hoxe co último capítulo de ‘Terra de cómics’, centrado na autora viguesa María Vilar, que abre as portas da súa escola para amosar o seu proceso creativo marcado polo uso da acuarela, así como as súas influencias e traxectoria no mundo da banda deseñada.

O xoves 4 chega á plataforma o filme ‘Especiais’, dispoñible durante 30 días. A longametraxe segue a historia de Bruno e Malik, dous amigos que levan vinte anos dedicados ao acompañamento de persoas con autismo a través de entidades sen ánimo de lucro. Formando novos coidadores, impulsan unha organización pouco convencional que traballa con casos complexos e con persoas extraordinarias. Este mesmo día publicarase tamén un novo capítulo de ‘Bótalle azucre’.

A semana péchase o venres 5 coa estrea da miniserie ‘The Cry’, dispoñible en versión orixinal subtitulada ao galego. A ficción relata a viaxe a Australia de Joanna e Alistair xunto ao seu bebé, Noah, unha estadía que se converte nun pesadelo tras a misteriosa desaparición do pequeno, un suceso que marcará para sempre a parella.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade