A intensidade dos propietarios e a calor de Cangas dificultan esta semana o traballo de 'Galicia bonita' nunha antiga vivenda de verán - CSAG
A intensidade dos propietarios e a calor de Cangas dificultan esta semana o traballo de 'Galicia bonita' nunha antiga vivenda de verán
Carla e Tomé, unha parella nova de artesáns, teñen un proxecto de residencias artísticas que queren levar a cabo nese espazo

csag.gal
06/10/2026 00:01
Santiago, 6.10.2026 .- O equipo de ‘Galicia Bonita’ (22:50 h) viaxa este martes ao Morrazo para intervir nunha antiga vivenda de verán. Na parroquia do Hío, a funesta arquitectura de veraneo dos anos 70 e 80 herdada por Carla e Tomé ensombrece un espazo paradisíaco.
Esta parella nova de artesáns ten un proxecto de residencias artísticas que queren levar a cabo nese espazo, moi descoidado, xa que levan pouco tempo na casa e ata agora centráronse na reforma do seu interior.
A intensidade dos propietarios e da calor de Cangas dificultarán a semana de traballo para Rosa Facal e os seus.
CRTVG VIVA