div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A Copa do Rei volve este venres ao 'Galicia en Goles' coa retransmisión do Salamanca-Celta desde o Hemántico

Na fin de semana, a Radio Galega e AGalegaAudio.gal daranlle cobertura á xornada de baloncesto, con tres partidos destacados: Breogán-San Pablo Burgos, Valencia-Básquet Coruña e Barcelona-Obradoiro

csag.gal 12/11/2026 15:43

Santiago, 12.11.2026.-    Este venres, desde as 20:00 e ata as 00:00 h, a primeira edición de ‘Galicia en Goles’ terá como protagonista a Copa do Rei de fútbol. A primeira rolda, a partido único con prórroga e penaltis se hai empate, complétase para o fútbol galego co Salamanca-Celta desde o estadio Helmántico. O equipo charro, de Segunda Federación, chega como segundo clasificado despois de gañar 1-3 ao Real Ávila no tempo de desconto, mentres que o conxunto olívico atravesa por unha seca goleadora que tratará de romper nun estadio onde hai dúas temporadas gañou por 0-7.

O sábado, a partir das 14:15 e ata as 00:00 h, a actualidade pasará na Radio Galega polo fútbol da Primeira RFEF. O Rácing de Ferrol xoga en Lezama ante o filial do Athlétic de Bilbao tras perder a semana pasada na Malata no tempo de prolongación fronte ao Logroñés. A U. D. Ourense, pechacancelas con 8 puntos, recibe o Mérida despois de caer 1-0 en Pontevedra. Por último, o Fabril recibe en Riazor o Barakaldo tras afundirse na zona de descenso ao perder en Getxo fronte ao Arenas.

O baloncesto tamén estará presente coas ligas ACB e Primeira Federación. O Pazo dos Deportes de Lugo acolle o Río Breogán-San Pablo Burgos. Os de Lugo teñen un balance de catro vitorias e tres derrotas, o que lle permite seguir na zona de playoff xunto co Surne Bilbao e co Xirona. Mentres, no Paco Paz, o Ourense enfróntase ao Insolac co obxectivo de sumar o quinto triunfo do campionato. O fútbol sala completará a axenda do día desde A Malata, onde O Parrulo Ferrol recibe o Peñíscola, ao que gañou 3-4 a pasada campaña.

Xa o domingo, a edición matinal principiará ás 11:45 h co baloncesto ACB como principal referencia. O Básquet Coruña visita a cancha do segundo clasificado, o Valencia, nun momento de euforia tras encadear dúas vitorias consecutivas no Coliseum. Ademais, o ‘Galicia en Goles’ atenderá o fútbol da Primeira RFEF co enfrontamento entre o Extremadura e o Pontevedra.

A sesión de tarde comezará ás 14:15 h con máis fútbol. Na Primeira RFEF, o Lugo, líder destacado, recibe no Anxo Carro o Mirandés, acabado de descender da Segunda profesional. Na Segunda RFEF destacan o derbi Compostela-Ourense C. F. e o Coruxo-Llanera. Ademais, o programa conectará con Riazor, onde o Deportivo recibe o Barcelona, líder destacado e actual campión de Europa. O baloncesto completará a tarde de retransmisións coa visita do Obradoiro ao Palau Blaugrana para enfrontarse ao Barça. As últimas tres derrotas consecutivas proen no equipo de Epi, que o pasado sábado caeu na pista do Manresa tras dúas prórrogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade