div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Zuñi, o can que non deixa achegarse á súa dona, pon a proba a Hugo en 'Somos animais'

Lorena Terrón axudará a descubrir esta noite se é posible gañar a confianza desta mascota, mentres Jorge Vázquez coñece tres yorkshires moi inquietos

csag.gal 14/05/2026 00:01

Santiago, 14.5.2026.-   O presentador de ‘Somos animais’ (22:45 h), Hugo Cabaleiro, vai ver esta semana a Juni e á súa mascota, un can chamado Zuñi, que non deixa que ninguén se achegue á súa dona e que é o terror da cativada no parque do barrio. Xunto a Lorena Terrón, experta en comportamento animal, Hugo vai descubrir se é posible gañar a confianza de Zuñi ou non hai nada que facer. 

Pola súa banda, Jorge Vázquez vai coñecer tres auténticos terremotos: Emma, Logan e Leah. Estes tres yorkshires non paran quietos nin cando a súa dona os leva en autobús. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade