div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Luar' recibe a Raúl, Megara e Los Satélites, nunha noite de música e sabores de Todos os Santos

Os Grileiros da A. C. Donaire e o mago Samuel Moreno completan unha edición en que Carmen de Picoaga e Álex Alba competirán en ‘Recantos’

csag.gal 30/10/2026 00:01

Santiago, 30.10.2026.-   Xosé Ramón Gayoso e Laura Boado conducen este venres unha nova edición de ‘Luar’ (21:50 h), que reúne propostas musicais variadas, humor, maxia e tradición gastronómica. Entre os convidados da noite destacan Raúl, que volve interpretar dous dos seus temas, ‘Sueño su boca’ e ‘Tú me das la vuelta’, e Megara, a banda de metal alternativo madrileña que representou San Marino no Festival de Eurovisión de 2024 e que achegará ‘4ño c3ro’, tema do seu cuarto álbum de estudio, que combina a forza do rock coa súa característica estética fucsia. 

Tamén estará o público acompañado pola música de Los Satélites e pola tradición dos Grileiros da A. C. Donaire, que interpretarán ‘Ribeirana do ramo’.

A música e o espectáculo continuarán con Sergio Pazos, que protagonizará a sección de Playback ao ritmo de ‘Mi gran noche’, e co mago Samuel Moreno, que sorprenderá os espectadores cos seus números de ilusionismo.

Ás portas da celebración de Todos os Santos, a gastronomía tradicional tamén terá o seu espazo no programa. Co cociñeiro Manuel Montaña saborearanse dúas especialidades propias destas datas, as chulas de cabaza e os bolos de vento.

O humor chegará da man de Patricia Vázquez, no seu coñecido papel de Rosita de Penelas, e de Carla e Marcos, integrantes do dúo Todo Mal. En ‘Recantos’, a competición continúa coa participación de Carmen de Picoaga, procedente da Mariña lucense, e Álex Alba, do Bierzo. Ambos os concursantes volverán demostrar o seu talento musical ante o xurado, integrado nesta ocasión por Nuria Lorenzo, Manuel DeAndrade e Javier Saavedra, que substitúe a Cristina Castaño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade