div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Luar' celebra o Entroido e o San Valentín, coa música de Natalia, Terrae & Natasia Zürcher e Nuria Lorenzo

Completan o elenco artístico deste venres a Orquestra Compostela, Donicelas e Miguel Torres, así como a maxia de Joaquín Matas e as intervencións humorísticas de Patricia Vázquez

csag.gal 13/02/2026 00:01

Santiago, 13.2.2026. ‘Luar’ (21:40 h) ten preparada para este venres 13 unha edición moi especial na TVG, en que o Entroido e o San Valentín compartirán protagonismo. A música e a tradición encherán o estudio nunha noite pensada para todos os públicos e con artistas de estilos variados. 

A extriunfita Natalia regresa ao escenario de ‘Luar’, onde interpretará dous dos seus temas recentes de máis éxito, ‘Tu diosa’, unha oda ao apoderamento feminino, e ‘Nadie más’, canción disco que mestura estilos pop, techno e dance. O produtor e DJ Terrae únese a Natasia Zürcher, premiada vocalista e compositora galego-suíza, para achegar ‘O impulso’, unha proposta en que combinan electrónica e ritmos tradicionais. Pola súa parte, a mezzosoprano viguesa Nuria Lorenzo emocionará a audiencia coa interpretación de ‘Speak Softly Love’, o mítico tema de ‘O Padriño’. Completan o elenco deste venres a Orquestra Compostela, o grupo de pandeireteiras de Salceda de Caselas, Donicelas, e Miguel Torres, coñecido cantante de orquestras.

A festa do Entroido estará moi presente coa participación de varias figuras tradicionais, como As bonitas de Sande (Cartelle) e os merdeiros de Vigo, ademais duns cabezudos que animarán o ambiente entre o público. A maxia tamén terá o seu espazo con Joaquín Matas, e non faltarán rostros coñecidos da casa, como Moncho Lemos.

O cinema galego tamén terá cabida no programa coa visita de Anxos Fazáns, Adam Prieto e Mara Sánchez, que acudirán para presentar a súa nova película ‘As liñas descontinuas’. No concurso musical de ‘Recantos’ competirán Mariana Navarro, representante da Fronteira de Portugal, e Fran Vázquez, de Bergantiños-Costa da Morte. Como toque de humor, Patricia Vázquez volverá meterse na pel da popular Rosita para arrincar os sorrisos á audiencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade