div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

‘Latitude galega’ fainos viaxar esta noite ata Nova York

Da man de cinco galegos que viven en NY, Alba Mancebo levaranos visitar os rañaceos, a Estatua da Liberdade, Central Park ou Times Square

csag.gal 23/12/2025 02:43

Latitude galega’, o programa de viaxes polo mundo da TVG, visita este martes á noite Nova York. Entre moitos outros puntos de interese, Alba Mancebo levaranos visitar os rañaceos, a Estatua da Liberdade, Central Park ou Times Square. Coñeceremos Nova York da man de cinco galegos: Anxo, un mestre de Esteiro; Tania, unha bióloga de Ourense; Daniel, un mordomo de Vigo; Mario, un informático de Santiago; e Vanesa unha artista de Vigo.

Conducido por Alba Mancebo e Perico Balado, ‘Latitude galega’ percorre diferentes lugares do mundo a través das experiencias dos galegos que viven no exterior. Ao longo de 13 entregas, visitan diversos países para coñecer, xunto ás persoas protagonistas, a gastronomía, a cultura e as paisaxes do seu lugar de adopción, establecendo sempre pontes con Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade