div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Expediente oculto' revive o Crime da Esmorga e reabre a misteriosa desaparición de María José Arcos

O programa (22:40 h) analiza tamén a seguridade das atraccións de feira coa chegada das festas

csag.gal 04/05/2026 00:01

Santiago, 4.5.2026.-    Esta noite Patricia Abet conducirá os espectadores de ‘Expediente oculto’ por un dos sucesos máis impactantes dos últimos anos, coñecido como o crime da Esmorga: a historia dun mozo de 22 anos, que sae de festa unha noite e remata cun tráxico final ao amencer. Para afondar nos casos desta edición, o programa contará coa análise da forense Berta Rodríguez, o xornalista Jorge Melchor, o xuíz José Antonio V. Taín e o sarxento da Garda Civil José Luis Ferreiro.

‘Expediente oculto’ reconstruirá o crime de Álex Walter Boghiu, o mozo romanés asentado no Carballiño coa súa familia desde había oito anos e plenamente integrados na localidade. En decembro de 2014, unha noite de festa entre amigos acabou en violencia, foi golpeado e arroxado a un encoro de Ourense, onde morreu afogado. Un caso que rematou con tres detidos e que o programa revisa a través dunha investigación exprés que permitiu esclarecer os feitos.

 A continuación, o espazo abrirá tamén o expediente pola desaparición de María José Arcos, a funcionaria compostelá de 35 anos que desaparecera en 1996 no faro de Corrubedo. Sen deixar rastro, só quedaron como pista o seu coche e os seus obxectos persoais no interior. Un caso que marcou unha época e non que a xustiza non foi capaz de reunir probas suficientes para confirmar o homicidio que a familia sempre sinalou.

 Xa na actualidade, e coincidindo coa chegada do bo tempo e o inicio das festas, o programa porá o foco na seguridade das atraccións de feira, un asunto que cada ano volve xerar preocupación entre a cidadanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade