div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Expediente Oculto' reconstrúe o crime de Enviande e analiza tamén o caso do depredador Segundo Cousido

Ademais destes casos da crónica negra e a actualidade xudicial, o espazo que conduce Patricia Abet achégase á lenda dos túneles secretos de Cabo Silleiro

csag.gal 23/02/2026 00:01

Santiago, 23.2.2026.-   ‘Expediente Oculto’ (22:40 h) mergúllase este luns á noite nun dos sucesos máis inquietantes da crónica negra galega, o crime de Enviande. O programa rememora o achado do cadáver dunha moza de 21 anos nun monte da Estrada o Día de Reis de 1994, disposto entre dous cirios como se xa estivera no cadaleito. Ninguén na parroquia a coñecía e, nun primeiro momento, o escenario fixo pensar nun ritual satánico. Porén, a investigación acabará revelando un axuste de contas no seo dunha banda de atracadores, desmontando as primeiras hipóteses e poñendo o foco nunha trama criminal organizada.

A viaxe deste domingo continúa ata Cabo Silleiro, en Baiona, para explorar a lenda dos seus túneles secretos. O enclave conserva unha extensa rede de galerías e búnkeres subterráneos —uns 200 metros construídos a mediados do século XX— que formaron parte dunha batería militar defensiva destinada a protexer a ría de Vigo dun hipotético ataque por mar que nunca chegou a producirse. Hoxe abandonadas e en ruínas, estas instalacións alimentan relatos e testemuños arredor dun espazo cargado de historia e misterio.

No bloque de actualidade, o programa analiza o caso do pederasta Segundo Cousido, exsacerdote salesiano e profesor de relixión condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra a 32 anos e 6 meses de prisión por sete delitos de abuso sexual cometidos en Cambados contra seis menores. Actualmente en busca e captura, Cousido figura entre os criminais máis procurados de España.

Para afondar nestes tres eixes, a presentadora Patricia Abet contará coa colaboración de Berta Rodríguez, Jorge Melchor, Rubén Penín, Carlos Tresandí, Juan Pablo Sangiao e José Antonio V. Taín, que achegarán análise, contexto e testemuños arredor de cada caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade