div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Expediente Oculto' reconstrúe esta noite o crime de Santoalla para afondar nos feitos que inspiraron grandes directores de cine

Ademais, o programa (21:55 h) porá o foco na actualidade do caso de Diego Bello, e achegarase á historia do antigo psiquiátrico de Toén, un lugar envolto de silencio e interrogantes

csag.gal 11/01/2026 02:00

Santiago, 11.01.2026.-   Un domingo máis, o programa ‘Expediente Oculto’ repasará esta noite a actualidade xudicial, ademais de seguir ofrecendo unha ollada rigorosa e transversal sobre crimes que conmocionaron a opinión pública, e explorando as lendas e misterios de Galicia.

Dirixido e presentado por Patricia Abet, o programa da TVG reconstrúe hoxe o crime de Santoalla para afondar nos feitos que inspiraron grandes directores de cine. No ano 2010 un home holandés desaparecía sen deixar rastro nunha remota aldea ourensá. Catro anos despois descubriuse que morrera a mans dun veciño por un conflito relacionado coa propiedade do monte comunal. A historia de Martin Verfondern e dos irmáns Anta foi a base sobre a que Rodrigo Sorogoyen construíu o seu filme ‘As bestas’, gañadora de nove Premios Goya.

‘Expediente Oculto’ tamén porá o foco na actualidade do caso de Diego Bello, o coruñés que hai seis anos morreu abatido a tiros pola policía filipina, e nas mortes por intoxicación. Ademais, os espectadores coñecerán a historia do antigo psiquiátrico de Toén, na provincia de Ourense, un lugar envolto de silencio e interrogantes que pechou no ano 2012. 

Nesta entrega participarán como colaboradores Jorge Sobral, José Luis FerreiroJorge Melchor, Carlos F. Cortinas, Carlos Tresandí, Juan Pablo Sangiao, José A. Vázquez Taín e Juan Carlos Blanco, achegando diferentes puntos de vista desde o ámbito xurídico, policial e criminolóxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade