'Cos pés na terra' coñecerá hoxe un gandeiro que está a modernizar a súa explotación e unha rapaza que compaxina o teletraballo cos labores dunha casa labrega - CSAG
'Cos pés na terra' coñecerá hoxe un gandeiro que está a modernizar a súa explotación e unha rapaza que compaxina o teletraballo cos labores dunha casa labrega
O equipo do programa (22:00 h) tamén pasará a xornada cun mestre de horta que imparte leccións valiosas en colexios e asociacións

Santiago, 26.4.2026.- Os espectadores de ‘Cos Pés na Terra’ coñecerán hoxe a Pablo, gandeiro de vocación que está modernizando a súa granxa en favor da comodidade e benestar de todas as súas vacas.
O espazo da TVG visitará tamén a María, unha rapaza nova que compaxina o teletraballo desde a aldea con todos os labores dunha casa labrega galega de toda a vida, onde non faltan nin os animais nin os traballos de temporada como picar a leña.
Ademais, o equipo do programa pasará unha xornada co mestre de horta Jose, que imparte leccións valiosas en colexios e asociacións para que os rapaces poidan desenvolverse no campo e na vida en xeral.
