div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Como ser feliz' explora hoxe a relación entre Deus, a ciencia e a procura da felicidade

O bispo de Mondoñedo-Ferrol, o físico Jorge Mira e representantes de distintas crenzas e sensibilidades abordan unha das grandes cuestións da humanidade

csag.gal 06/06/2026 00:01

Santiago, 6.6.2026.-   ‘Como ser feliz’ aborda este sábado (21:55 h) a relación entre a fe, a ciencia e a felicidade cunha das súas entregas máis ambiciosas. O programa afrontará un dos grandes temas da historia da humanidade: Deus. Presentado por Loli Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán desde o Teatro Jofre de Ferrol, reunirá voces moi diferentes para reflexionar sobre a espiritualidade, a relixión, a ciencia e a procura da felicidade.

Entre os convidados da noite estará Fernando García Cadiñanos, bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, que compartirá a súa visión sobre o papel da fe na vida das persoas e responderá a cuestións tan universais como se crer en Deus nos fai máis felices ou como explicar a existencia de Deus ás novas xeracións.

O programa contará tamén coa participación do físico e divulgador científico Jorge Mira, que achegará unha perspectiva científica a cuestións como a orixe do universo, o Big Bang, a existencia doutras formas de vida ou a relación entre ciencia e crenzas relixiosas.

Ao longo da noite pasarán polo escenario e polo patio de butacas persoas de diferentes sensibilidades e tradicións espirituais: unha taoísta, unha monxa budista, un teólogo, un agnóstico, un guía do Camiño de Santiago e outros convidados que permitirán ofrecer unha visión plural sobre unha cuestión que segue xerando preguntas, emocións e debate.
    
Con humor, retranca, emoción e participación do público, ‘Como ser feliz’ propoñerá unha conversa aberta sobre algunhas das grandes incógnitas da existencia: se necesita crer en algo para ser feliz? Pode a ciencia explicalo todo? Existe unha nova espiritualidade? Seguen buscándose respostas ás mesmas preguntas de sempre?

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade