'Casamos!' une unha parella cuxa viaxe romántica comezou en México e continúa hoxe en Pontevedra coa súa voda - CSAG
'Casamos!' une unha parella cuxa viaxe romántica comezou en México e continúa hoxe en Pontevedra coa súa voda
Ana Pao e Santiago protagonizan un enlace cheo de emoción, simbolismo e identidade

Santiago, 19.8.2026.- O programa máis romántico da Televisión de Galicia, ‘Casamos!’ (21:55 h), achega esta noite a historia de amor de Ana Pao e Santiago, unha parella que leva oito anos xunta e que agora culmina coa súa voda. Para Ana e Santiago, o matrimonio relixioso ten un profundo significado, xa que consideran que a fe e a presenza de Deus foron fundamentais no seu camiño xuntos.
Ela é mexicana; el, fillo de galegos que emigraron a México hai máis de corenta anos. Tras establecer a súa vida en Pontevedra, celebrarán unha voda que unirá dúas culturas e dúas tradicións, combinando o mellor de Galicia e México nunha xornada chea de emoción, simbolismo e identidade.
