'A liga dos cantantes extraordinarios' vive unha noite de transformacións e sorpresas coas temidas 'particellas' - CSAG
'A liga dos cantantes extraordinarios' vive unha noite de transformacións e sorpresas coas temidas 'particellas'
James Llon abre a gala cunha divertida ambientación taberneira, mentes os concursantes sorprenden coas súas actuacións e os padriños se enfrontan ao azar do ‘Sobes ou baixas’

Santiago, 24.10.2026.- En ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (21:55 h) de hoxe vivirase un arranque espectacular da man de James Llon e o tema ‘Quero saír de festa’, nunha divertida posta en escena rodeado dos padriños e recreando o ambiente dunha auténtica taberna. Nesta oitava edición cóntase con novos padriños: repetiron experiencia Blas pola París de Noia e Diego Barbazán pola Olympus. Ademais, estreáronse esta tempada Noly representando a Los Satélites e Nati Méndez pola Panorama.
Abre a noite Avi, que interpreta ‘O tren’ poñendo ruta cara unha boa puntuación. A segunda actuación chega da man de Fani, que se atreveu co inglés interpretando ‘Firework’, de Katy Perry e Yunier, levou ao escenario ‘Dardos’, de Romeo Santos. Os padriños tomaron despois o protagonismo cun popurrí mexicano formado polos temas ‘Sangre en mi cuerpo’ e ‘Volver, volver’, levantando ao público dos seus asentos.
Xa na recta central do programa, Kiowa interpreta ‘Marta, Sebas, Guille y los demás’. Carolina ve nela unha versión moi desfrutona. Ainara, moito máis animada que no programa anterior, defende ‘Adiós’, de María Becerra. Roi destaca a súa personalidade artística, e Iago asegura que é a concursante con mellores recursos técnicos.
Un dos momentos máis divertidos da noite chega co dúo formado por Kevin e Clara. Antes de cantar sorprenderon a Iago agasallándoo coas míticas lentes de Risto Mejide, asegurando que é o membro máis duro do xurado. Xa sobre o escenario, transformáronse en Amistades Peligrosas para interpretar ‘Me quedaré solo’. Jose protagonizou outro dos momentos curiosos da gala ao sorprender a presentadora María Mera cunha rosa nada máis saír ao escenario. Pero a gran sorpresa chegará coas temidas ‘particellas’. Os padriños terán que escoller sobres ao azar e arriscarse a que lles toque o temido ‘Sobes ou baixas’.
