SEN CÓDIGO POSTAL - CRTVG
SEN CÓDIGO POSTAL: Boborás
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. 'Sen Código Postal' visita hoxe Pazos de Arenteiro, no concello ourensán de Boborás, que conta cunha singular mostra de arquitectura tradicional galega.