HISTORIAS A PEDAIS - CRTVG
HISTORIAS A PEDAIS: Ribeira Sacra, con Manuel Manquiña
Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. A aventura comezará hoxe na Ribeira Sacra, onde o convidado será o actor e presentador de televisión Manuel Manquiña. A ruta iniciarase en Castro Caldelas, pasará por Celeirón e Doade e parará en distintos miradoiros, como o de Matacás ou Pena do Castelo.