DETRÁS DO ESPELLO - CRTVG
DETRÁS DO ESPELLO: DETRÁS DO ESPELLO 7
Serie documental que permite coñecer Galicia na ollada da xente da cultura que nos visitou desde 1900. 50 recoñecidos nomes das artes, ciencia e pensamento do último século pasaron polo noso país afondando na realidade galega e deixándose inspirar por ela. O programa achegarase hoxe a autores como a musicóloga Dorothé Schubart, quen se mergullou na Galicia rural para compilar músicas e cantigas populares, ou como o colombiano Gabriel García Márquez, un dos grandes inventores de mundos da literatura americana, reinvidicou con orgullo a súa galeguidade.