CRÓNICAS DA TRANSICIÓN - CRTVG
CRÓNICAS DA TRANSICIÓN: CRONICAS DA TRANSICIÓN 4 - A RESILIENCIA GALEGUISTA: INTERIOR E EXTERIOR
O golpe de Estado de 1936 trunca o soño galeguista, que acadara o seu cénit unhas semanas antes coa aprobación do Estatuto de Autonomía. Moitas galegas e galegos, como Castelao, tiveron que exiliarse e continuar co activismo na distancia. Outros, como Ramón Piñeiro, lideraron o galeguismo desde dentro, preservando a lingua e a cultura a través de faladoiros e de iniciativas como Editorial Galaxia.