CAPITÁN FANTÁSTICO - CRTVG
CAPITÁN FANTÁSTICO
Ben é un home que pasou dez anos vivindo nos remotos bosques situados no noroeste dos Estados Unidos criando os seus seis fillos, varios deles xunto a súa muller. Illados totalmente da vida moderna, das comodidades das cidades e da sociedade de consumo, Ben é un pai devoto que lles inculcou aos seus fillos un peculiar xeito de pensar e de vivir a vida. Porén, unha tráxica noticia fai que a peculiar familia deba deixar temporalmente o seu modo de vida na natureza e volver á civilización.