ACTUALIZAD@S - CRTVG
ACTUALIZAD@S: Antídoto contra o frío
Por iso, e para non baixar a garda, este sábado os protagonistas de Actualizados compartirán con nos os mellores antídotos para quentar o corpo. Unha das mellores e máis coñecidas técnicas e a teoría da cebola, é dicir o de vestirse con moitas capas. Na Asociación Cabanas Rural apostan pola lá de ovella galega, e polo fiado tradicional para facer unhas prendas a proba do inverno máis cru. No programa, aprenderemos tódolos segredos deste proceso, dende a selección e o lavado da lá, ao escarpizado, cardado, fiado ou a calceta final das distintas prendas. Pero como todo o mundo sabe, para quentar o corpo non hai nada mellor que un bo caldo galego ou calquera dos distintos pratos de culler elaborados cos produtos da horta galega. Verzas, nabizas e como non as ricas fabas de Lourenzá que nos servirán para abrir boca antes da degustación dun bo cocido. E como sobremesa deste particular menú as castañas de Paco o príncipe das castañas de Pontevedra. Leva 40 anos asando e vendendo castañas e orixinais historias na súa peculiar locomotora.