A GRANDE EPOPEA DE GALICIA - CRTVG
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: Colonizadores galegos na Arxentina rural
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. No século XIX fixéronse os actuais límites da Patagonia no sur da Pampa, nome que os españois tomaron do quechua para denominar estas grandes chairas do centro da Arxentina, O Uruguai e sur do Brasil. Aquí chegou unha primeira vaga migratoria desde A Coruña arredor de 1776. Esta nova entrega narra e documenta a historia da emigración galega á Patagonia arxentina, ilustrada con fotos e imaxes históricas de galegos que deixaron pegada na Pampa arxentina e entrevistas a familiares, historiadores, expertos, e responsables de institucións.