A GRANDE EPOPEA DE GALICIA - CRTVG
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: Os mueblicultores do Panamá
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. O espazo investiga hoxe sobre a corrente migratoria dos anos 60 ao Panamá, a dos chamados ‘mueblicultores’ do Carballiño.