TVG2 - CSAG
BIBOPALULA: A chegada dos birrios
A Banda do Bosque prepara unha canción para a chegada duns novos paxaros.
MADDIE E TRIGGS: A veterinaria
A Triggs dóelle moito unha pata e lévano á veterinaria. Alí, Maddie fará uns novos amigos que a axudarán a ser optimista e pensar que o seu mellor amigo curará.
MADDIE E TRIGGS: Festín nocturno
Maddie e Triggs van ás agachadas ata a cociña pola noite para comer uns pasteliños, pero descobren que non son os únicos que desexan un festín nocturno.
TIMMY TIME: TIMMY TIME 15
TIMMY TIME: Timmy fai bum
Despois de escoitar os tronos durante unha treboada, Timmy queda fascinado cos ruídos fortes e asusta a Apricot.D
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 21
CAN CHEIRENTO: CANCHEIRENTO E A ÚLTIMA PÁXINA
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: O xeado
Como se pode pedir un simple xeado se non se é capaz de chegar ao mostrador?
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento e a última páxina
Can Cheirento encontra un conto onde se narran as aventuras dun can heroe. Gato Chato lelle o libro, a historia é emocionante, pero resulta que a última páxina está arrancada e non poden saber como acaba.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O cabaleiro negro
Mentres Marinette busca o diario de Chloé, o profesor de esgrima de Adrien trócase nun cabaleiro medieval malvado que ataca o concello.
SONIC BOOM: Alcalde Knuckles
Knuckles queda substituíndo o alcalde mentres vai de pesca e encárgase de selar as leis e peticións que chegan ao concello. A cousa complícase cando algunhas das ordenanzas aprobadas alteran a convivencia na vila e fan que os veciños estean descontentos.
SONIC BOOM: Eggman desenchufado
O doutor Eggman acaba farto da tecnoloxía e decide desconectar todos os aparellos e as máquinas que ten para vivir de xeito sinxelo. O problema xorde cando alguén lle invade a gorida e empeza a atacar sen ton nin son a todo o mundo.
VALENTINA (LONGAMETRAXE DE ANIMACIÓN)
POLO REGO: POLO REGO 35
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
POLO REGO: POLO REGO 36
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Preparar chutney de cabaza, cambiar a cadea da motoserra ou facer candeas con herbas silvestres, entre os consellos de hoxe.
COMISIÓN DE FESTAS: Rapa das Bestas de Sabucedo
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. 'Comisión de Festas' coñecerá esta semana as persoas que traballan os 365 días do ano para manter viva a tradición milenaria da Rapa das Bestas de Sabucedo.
INCALCULABLE
Proxecto de Xiana Fernández-Albor que, a través de vídeos divulgativos en que se combinan imaxes de alta definición con realidade aumentada, amosa en cada entrega unha especie animal galega: como vive, como sobrevive e como se relaciona. Gaspar Bernárdez e o seu fillo Fuco describen todas as marabillas que agochan as árbores máis simbólicas de Galicia: os carballos. Dolfi e Pablo ensinan como gabear por eles e Melina Barrio axudará a poñer un prezo á función que desenvolven na nosa sociedade.
INCALCULABLE: INCALCULABLE 2
Proxecto de Xiana Fernández-Albor que, a través de vídeos divulgativos en que se combinan imaxes de alta definición con realidade aumentada, amosa en cada entrega unha especie animal galega: como vive, como sobrevive e como se relaciona. Descoñécense moitas cousas do animal máis grande que vive no planeta: a balea azul. Os expertos Bruno Díaz e Uxía Vázquez dedican as súas vidas a estudar este e outros cétaceos. Da man da economista Melina Barrio, os espectadores coñecerán a incrible función desta especie no planeta.
INCALCULABLE: INCALCULABLE 3
Proxecto de Xiana Fernández-Albor que, a través de vídeos divulgativos en que se combinan imaxes de alta definición con realidade aumentada, amosa en cada entrega unha especie animal galega: como vive, como sobrevive e como se relaciona. O cabalo salvaxe en Galicia é unha axuda constante contra os temidos lumes forestais, pois estes animais actúan como auténticas desbrozadoras. Mais precisan da axuda das persoas para seguir existindo ceibes na nosa terra. Adrián Martins, Jaime Fagúndez e Laura Lagos amosan como investigan e protexen o cabalo galego de pura raza.
INCALCULABLE: INCALCULABLE 4
Proxecto de Xiana Fernández-Albor que, a través de vídeos divulgativos en que se combinan imaxes de alta definición con realidade aumentada, amosa en cada entrega unha especie animal galega: como vive, como sobrevive e como se relaciona. Da man do botánico Luís Navarro, do amante dos polinizadores Alberto Uría e da apicultora Maruxa Blanco, descubrirase a verdadeira tarefa das abellas máis aló de proporcionar mel. O seu papel de polinizadoras constitúe un servizo ecosistémico do máis importante.
INCALCULABLE: INCALCULABLE 5
Proxecto de Xiana Fernández-Albor que, a través de vídeos divulgativos en que se combinan imaxes de alta definición con realidade aumentada, amosa en cada entrega unha especie animal galega: como vive, como sobrevive e como se relaciona. Un ornitólogo e un naturalista do Morrazo demostraron que o miñato abelleiro galego destrúe ducias de niños de velutinas cada ano. Da man destes dous amantes das aves, coñecerase a axuda que brinda esta especie na loita biolóxica contra a praga da velutina.
FÚTBOL SALA: FINAL COPA GALICIA FÚTBOL SALA FEMININO 2026: O CASTRO - POIO
FÚTBOL SALA: Final Copa Galicia Fútbol Sala Feminino 2026: O Castro- Poio
A Federación Galega porá o título feminino en xogo co enfrontamento entre o Castro e o Poio, partido que os medios públicos achegarán en directo desde o pavillón dos deportes de Pontevedra.
SEN CÓDIGO POSTAL: Vilamarín
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Os espectadores de ‘Sen Código Postal’ descubrirán esta semana os grandes tesouros da localidade ourensá de Vilamarín.
COS PÉS NA TERRA (Axustes): Laura Vittori (Auténtica vocación)
ESTACHE BO!: Grelos con bacallau e crema de cabaza
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.04.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 02.04.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 02.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.