TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 16.07.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 15.07.2025
BOS DÍAS: BOS DÍAS 16.07.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
O AGRO: O AGRO 16.07.2025
A VIDA GALEGA DA PRINCESA LEONOR: A VIDA GALEGA DA PRINCESA LEONOR 3
Crónica da estadía da princesa de Asturias en Marín. O programa, presentado por Beatriz Serén, seguirá os seus pasos por toda Galicia, ofrecerá material inédito e tamén dará cumprida conta de todo o relacionado coa viaxe de formación no Buque Escola Juan Sebastián de Elcano.
A VIDA GALEGA DA PRINCESA LEONOR: A VIDA GALEGA DA PRINCESA LEONOR 2
Co especial 'A vida galega de Leonor. Por que marchas?, a TVG ofrece hoxe unha completa e exclusiva crónica da estadía da Princesa de Asturias en Marín. O programa, presentado por Beatriz Serén, seguirá os seus pasos por toda Galicia, ofrecerá material inédito e tamén dará cumprida conta de todo o relacionado coa viaxe de formación no Buque Escola Juan Sebastián de Elcano.
ENTREGA DESPACHOS ESCOLA NAVAL DE MARIN: ENTREGA DESPACHOS ESCOLA NAVAL DE MARIN 2025
Cobertura especial con motivo da entrega de reais despachos aos novos oficiais da Armada Española, no marco da celebración da festividade da Virxe do Carme, patroa da Armada. O acto terá lugar na Escola Naval Militar de Marín, e inclúe tamén a Xura de Bandeira dos aspirantes de primeiro curso. Contará coa presenza de S. M. O Rei Felipe VI, autoridades civís e militares, e representantes institucionais. O especial estará narrado polo xornalista Marcos Sueiro, redactor xefe de Informativos da TVG, e a analista Rosanna López Salgueiro.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 16.07.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 16.07.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 16.07.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 16.07.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 16.07.2025
EU SEI + CA TÍ: EU SEI + CA TÍ 4
No programa anterior “Os Domínguez” (Clara, Abel e Patri) obtiveron a súa primeira vitoria e os 225 euros que levan os finalistas que non gañen o bote de 6.000 euros. Hoxe volven loitar contra as "Sereas do Miño" (Cris, Aldara e Raquel) e contra "Non lle apuntas a un cesto” (Manuel, Hadrián e Pablo).
A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 2
‘A Superfesta’ é a nova da TVG para os mércores deste verán. Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorrerá as mellores festas de Galicia. Bruno e Borjamina, dous dos Mozos de Arousa, levan hoxe 'A Superfesta' á multitudinaria romaría do San Benitiño de Lérez. As reporteiras do programa coñecerán outras festas de San Bieito en Allariz, Gondomar, Meis, Ourense e Forcarei.
FANÁTICOS: FANÁTICOS 3
Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado…
FANÁTICOS: FANÁTICOS DE SLIPKNOT
Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado…
FANÁTICOS: Fanáticos de Slipknot
Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado… O festivaleiro programa busca hoxe entregarlle a David Guetta a pandeireta do programa no Gozo Festival en Compostela.
O + VIRAL: O + VIRAL 11
Programa de entretemento e humor, presentado por Alba Mancebo, xunto cos colaboradores Marcos López, Carla Núñez, Jazmín Abuín e Perico Balado, que comentan os contidos máis curiosos e virais de Internet.

BEOWULF E GRENDEL
Nalgún lugar no tempo, o demo estende as súas garras sobre un castelo e os seus habitantes. Un gran exército púxolle sitio ao lugar, do que din que está maldito, para que ninguén poida saír con vida del. Pero un día un estraño personaxe, Beowulf, chega para ofrecer a súa axuda. Dado que nestas desesperadas circunstancias calquera axuda é benvida, os habitantes do castelo pídenlle a este que cace unha monstruosa sombra sen forma que se achega polas noites coa única intención de matar.