TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 10.11.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 10.11.2026
Presenta María Cheda.
O AGRO: O AGRO 10.11.2026
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 187
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O equipo de 'Cos pés na terra' monta hoxe a cabalo e asiste a clases de artesanía. Ademais, o programa coñecerá a pequena industria de cociñado e envasado de grelos de Luz.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 515
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. Coa chegada da choiva, ‘O termómetro’ ofrece consellos para conducir nas estradas, trucos para protexer os cultivos e as previsións do tempo, amais de analizar as novas galegas máis destacadas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 10.11.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 10.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 10.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 10.11.2026
EN COMPAÑIA DE LOLI: EN COMPAÑIA DE LOLI II 116
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións para rematar coa súa soidade.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1124
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
O CAMPO É NOSO: María Maceiras, Aitor Jamardo, Lucía Casal, Saúl Rouco, David Soengas e Aitor Lauta
Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego. Os protagonistas do espazo fan hoxe unha sementeira de marisco e unha inseminación de vacas e tamén fan fronte a unha praga e presentan un rabaño de cabras.
A VOLTAS CO PRATO: DE EUSKADI A CARTELLE... PAPPARDELLE
Xulio Mato cociña "pappardelle" con estufado de faceiras de porco e cogomelos. Begoña Vázquez prepara "pappardelle alla putanesca" con tella de queixo curado.
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 10.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 10.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 10.11.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW IV 162
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. O espazo divírtese hoxe na compaña dunha lenda da radio.
GALICIA BONITA: Trasmonte-Ames
A arquitecta Rosa Facal e o seu equipo de reformas levan o seu coñecemento e bo facer por Galicia adiante para loitar contra o feísmo nas vivendas. ‘Galicia bonita' afronta hoxe a reforma dunha vivenda en Trasmonte, chea de retos e de peticións. Pintar, enfuscar, derrubar un balcón e varios galiñeiros son algúns dos desafíos do equipo, que tamén descubrirá o antigo taller do veciño.
GALICIA BONITA: Tomiño
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Unha parella ecoloxista que comprou hai pouco unha casa en Tomiño pide hoxe a axuda de 'Galicia Bonita'. O equipo de reformas enfrontarase a unha pequena vivenda con ruinosas ampliacións e cuestionables ornamentacións, un exemplo do que non se debería facer nunca.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2045
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. 'Nacer de Novo' remata este domingo a celebración dos seus 2.000 programas cunha edición especial dunha hora de duración.
O CAMPO É NOSO: María Maceiras, Aitor Jamardo, Lucía Casal, Saúl Rouco, David Soengas e Aitor Lauta
Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego. Os protagonistas do espazo fan hoxe unha sementeira de marisco e unha inseminación de vacas e tamén fan fronte a unha praga e presentan un rabaño de cabras.
LIBRO DE FAMILIA
Tomás chega a Santalla. Vén coa intención de axudarlle a Freire co asunto da mina, a cambio de que o acepte na súa casa. Tamén chega á vila Manolo, o exmozo de Deli, que vén disposto a levala con el de volta á aldea.
LIBRO DE FAMILIA
Os Cabanas e os demais labregos non lle queren vender as terras a don Román. Cando Tomás se entera das mañas que se gasta Román, dálle a volta ás cousas e agora o negocio da mina semella estar do lado de Freire.
LIBRO DE FAMILIA
Os Cabanas están alborotados por mor da volta de Manuel. As negociacións da mina entre Freire e mais Tomás non chegan a bo porto. Román volve a sacar tallada da situación e inicia as expropiacións.
LIBRO DE FAMILIA
Manuel, Elías e Pancho están presos pola revolta do monte da mina. Na casa dos Cabanas todos están moi preocupados por eles. Freire non soporta máis os problemas cos seus fillos, coa mina e con Deli, polo que se dá á bebida.