TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 14.07.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 14.07.2025
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 13.07.2025
Presenta Alberto Mancebo.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 13.07.2025
BOS DÍAS: BOS DÍAS 14.07.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESPECIAL INFORMATIVO: Entrega Medalla de Ouro de Galicia á princesa Leonor
A retransmisión contará coa narración do xornalista Alberto Varela, xefe de Informativos da Radio Galega, e do catedrático de Dereito Constitucional Roberto Blanco Valdés.
ESTACHE BO!: Pastel de uvas con cobertura de manteiga
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 200
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 14.07.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 14.07.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 14.07.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 14.07.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 14.07.2025
EU SEI + CA TÍ: EU SEI + CA TÍ 2
O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
LUME: LUME 3
Un roubo na casa onde se hospeda Lucía deixa á vista o interese de terceiros por deter a súa investigación. Aínda que os documentos roubados eran importantes, Lucía tiña copias, e, co apoio de Ana, unha xornalista local, logra forzar a reapertura do caso. Júlio descobre que o informe do incendio de 1997 está incompleto, faltan detalles críticos sobre as causas e testemuñas. Mentres tanto, as relacións de Lucía co seu tío Ramiro e cos veciños de Seara volven tensarse, complicando a súa estadía no lugar. No capítulo de hoxe, un roubo na casa onde se hospeda Lucía evidencia o interese de terceiros por deter a súa investigación. Júlio descobre que o informe do incendio de 1997 está incompleto, xa que faltan detalles cruciais sobre as causas e as testemuñas
CASAMOS!: LORENA E KIKE
Lorena e Kike son unha parella curiosa. Coñecéronse grazas ao mundo da hostalería. O que empezou sendo unha bonita amizade rematou nunha historia de amor que agora selan cunha voda. A celebración verase condicionada pola recente morte da nai de Lorena.
CASAMOS! QUE FOI DE...?: Romina e Martín
Romina e Martín son dous mozos do Grove que casaron en 2017. Participaron no programa 'Casamos!' da TVG contando a súa historia de amor. Agora, sete anos despois, a súa vida é todo o contrario ao que tiñan pensado: o nacemento do seu fillo supuxo un cambio drástico. A iso hai que sumarlle unha perda moi importante para a familia e unha depresión grave dun dos membros da parella. No programa descubrirase se todo isto fixo que o matrimonio leve vidas separadas ou se pola contra seguen xuntos e felices.
AUGAS ESCURAS
Inspirada nunha impactante historia real. Un tenaz avogado descobre o escuro segredo que conecta un número crecente de mortes e enfermidades cunha das corporacións máis grandes do mundo. No proceso arrisca o seu futuro, o seu traballo e ata a súa propia familia para sacar á luz a verdade.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 14.07.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.